Horario
De martes a domingo de 10.00 a 19.00 horas. Luns
pechado. O portelo pecha ás 18.30 horas. O Museo pecha
os días 1 de Xaneiro, 1 de Maio e o 25 de Decembro.
Os días 24 e 31 de Decembro o Museo permanecerá
aberto de 10.00 a 15.00 h.
Tarifas >>
Servicio de Información
Neste servicio pódese solicitar todo tipo de información
relacionada cos fondos da Colección e coas actividades
culturais programadas polo Museo. Existen a disposición
dos visitantes que o desexen folletos de información
xeral en español, inglés, francés, italiano,
alemán, portuxés, xaponés, catalán,
euskera e galego.
Tfno: (+34) 913 690 151
Tfno oficinas: (+34) 914 203 944
Fax: (+34) 914 202 780
Correo electrónico: mtb@museothyssen.org Grupos
As visitas de grupos realízanse de martes a venres
de 10.00 a 19.00 horas e domingos de 15.00 a 19.00 horas,
previa reserva no teléfono de Información (+34)
913 690 151.
O número máximo de persoas por grupo, será
de 25 para a Colección Permanente e de 20 para a exposición
temporal. Poden adquirir as súas entradas con anticipación
nos Portelos do Museo (taquilla@museothyssen.org).
Audio-Guía
O Museo dispón dun Servicio de Audio-Guía para
a visita á Colección Thyssen-Bornemisza e á
Colección Carmen Thyssen-Bornemisza. Contén
a explicación das obras máis relevantes de ámbalas
dúas coleccións.
Dispoñible en español, inglés, francés,
alemán e italiano. Precio: 4,00 €. Horario de
alquiler: de 10.00 a 18.30 horas. Planta Baixa xunto ó
Servicio de Información.
Visitantes discapacitados
O Museo dispón de ascensores, teléfonos e aseos
especialmente deseñados para o seu uso. No servicio
de gardarroupa hai cadeiras de rodas á sua disposición.
Folleto e sinalización en braille para invidentes.
Fotos e vídeo
Non está permitida a toma de imaxes no interior do
Museo. Teléfonos móbiles
Prégase non empregar o teléfono móbil
nas salas de exposición. Fumadores
No interior do edificio non está permitido fumar de
acordo coa Lei 28/2005 artigo 7.j), de 26 de decembro.
Cafetería-Restaurante
Ofrece todo tipo de bebidas, bocadillos, bolos, pratos combinados,
así como unha coidada carta de restaurante. Planta
baixa. Tfno: (+34) 914 292 732. Tenda-Librería
Nela poderá adquirir libros e publicacións,
tarxetas postais, pósters, camisetas e unha ampla gama
de obxectos e recordos relacionados coa Colección.
Planta Baixa. Gardarroupa
Tódolos obxectos como paraugas, mochilas, maletíns
e bolsos grandes depositaranse no Gardarroupa. Este servicio
conta con cadeiras, mochilas portabebés e cadeiras
de rodas a disposición do público que o necesite.
Por motivos de seguridade, non se admiten obxectos que polas
súas dimensións non poidan pasar polo escáner.
Igualmente, e por motivos de hix¡ene non se admiten
animais, comida, bebidas ou plantas. Obxectos
perdidos
Acudir ó mostrador de Información.
Outros Servicios ó Visitante
Caixeiro Automático, Cabinas Telefónicas e Sala
de Lactancia. Soto Primero. |