FondoMenu
accesible HTML >
Museo Thyssen-Bornemisza
Search
Como chegar ó Museo
Información para o visitante
Enlaces recomendados

Information leaflets available in flash :
Español, English, Deutsch, Français, Italiano, Português, Dutch, Japanese, Català, Valencià, Euskera, Galego

Horario

De martes a domingo de 10.00 a 19.00 horas. Luns pechado. O portelo pecha ás 18.30 horas. O Museo pecha os días 1 de Xaneiro, 1 de Maio e o 25 de Decembro. Os días 24 e 31 de Decembro o Museo permanecerá aberto de 10.00 a 15.00 h.

Tarifas >>

Servicio de Información

Neste servicio pódese solicitar todo tipo de información relacionada cos fondos da Colección e coas actividades culturais programadas polo Museo. Existen a disposición dos visitantes que o desexen folletos de información xeral en español, inglés, francés, italiano, alemán, portuxés, xaponés, catalán, euskera e galego.

Tfno: (+34) 913 690 151
Tfno oficinas: (+34) 914 203 944
Fax: (+34) 914 202 780
Correo electrónico:
mtb@museothyssen.org

Grupos

As visitas de grupos realízanse de martes a venres de 10.00 a 19.00 horas e domingos de 15.00 a 19.00 horas, previa reserva no teléfono de Información (+34) 913 690 151.

O número máximo de persoas por grupo, será de 25 para a Colección Permanente e de 20 para a exposición temporal. Poden adquirir as súas entradas con anticipación nos Portelos do Museo (taquilla@museothyssen.org).

Audio-Guía

O Museo dispón dun Servicio de Audio-Guía para a visita á Colección Thyssen-Bornemisza e á Colección Carmen Thyssen-Bornemisza. Contén a explicación das obras máis relevantes de ámbalas dúas coleccións.
Dispoñible en español, inglés, francés, alemán e italiano. Precio: 4,00 €. Horario de alquiler: de 10.00 a 18.30 horas. Planta Baixa xunto ó Servicio de Información.

Visitantes discapacitados

O Museo dispón de ascensores, teléfonos e aseos especialmente deseñados para o seu uso. No servicio de gardarroupa hai cadeiras de rodas á sua disposición. Folleto e sinalización en braille para invidentes.

Fotos e vídeo

Non está permitida a toma de imaxes no interior do Museo.

Teléfonos móbiles

Prégase non empregar o teléfono móbil nas salas de exposición.

Fumadores

No interior do edificio non está permitido fumar de acordo coa Lei 28/2005 artigo 7.j), de 26 de decembro.

Cafetería-Restaurante

Ofrece todo tipo de bebidas, bocadillos, bolos, pratos combinados, así como unha coidada carta de restaurante. Planta baixa. Tfno: (+34) 914 292 732

Tenda-Librería

Nela poderá adquirir libros e publicacións, tarxetas postais, pósters, camisetas e unha ampla gama de obxectos e recordos relacionados coa Colección. Planta Baixa.

Gardarroupa

Tódolos obxectos como paraugas, mochilas, maletíns e bolsos grandes depositaranse no Gardarroupa. Este servicio conta con cadeiras, mochilas portabebés e cadeiras de rodas a disposición do público que o necesite. Por motivos de seguridade, non se admiten obxectos que polas súas dimensións non poidan pasar polo escáner. Igualmente, e por motivos de hix¡ene non se admiten animais, comida, bebidas ou plantas.

Obxectos perdidos

Acudir ó mostrador de Información.

Outros Servicios ó Visitante

Caixeiro Automático, Cabinas Telefónicas e Sala de Lactancia. Soto Primero.

    Site map  |  Espaņol  |  Legal notice  |  Accesible version